Adolescentes cuestionan as redes sociais sen tabús

Mos. 13 de febreiro. Os 107 alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES de Mos veñen de abrir un espazo de reflexión sobre o impacto das redes sociais na súa saúde mental. A través do obradoiro ‘Saúde mental – Impacto das redes sociais’, guiado pola educadora social Paula Santos, analizaron as emocións que […]
Baile, tradición e electrónica nunha soa noite

Mos. 12 de febreiro. OMIRI, o innovador proxecto do músico portugués Vasco Ribeiro Casais, regresa este sábado 15 de febreiro á sala Rebullón con nova música e o seu espectacular show multimedia. A actuación comezará ás 22:00 horas, con entradas dispoñibles desde 10 euros en venda anticipada e 14 na billeteira. Ademais do set de […]
O segredo dunha boa xestión empresarial en 90 horas

Mos. 11 de febreiro. Profesionais da contabilidade e administración poderán mellorar as súas competencias coa nova edición do Curso de Xestión Contable e Administrativa, organizado pola Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS). A formación impartirase en modalidade teleformación entre o 17 de febreiro e o 24 de abril de 2025, cunha duración total de 90 […]
Atletas e veciñanza prepáranse para un novo CorreMos contra o Cancro

Mos. 11 de febreiro. A carreira solidaria CorreMos contra o Cancro volve este ano cunha novidade importante: unha nova distancia de 5,4 km que se suma á andaina de 7 km e á carreira de 10 km. Esta terceira edición celebrarase o domingo 23 de febreiro con saída e chegada no Pazo de Mos, e […]
A reforma da A-52 deixa vivendas en risco e xera forte rexeitamento

Mos. 5 de xaneiro. A reforma da autovía A-52 entre Vigo e O Porriño podería deixar vivendas dentro do radio de afección, afectar traídas de auga e implicar expropiacións sen garantir un estudo detallado do impacto. A falta de información e consulta coa poboación xerou un forte rexeitamento ao proxecto. Os residentes denuncian que a […]
Mobilización masiva para frear unha infraestrutura polémica

Mos. 1 de febreiro. Os veciños veñen de mobilizarse contra o proxecto da nova autovía A-52. A xornada comezou cun pleno extraordinario no Concello, no que se aprobou solicitar a retirada do proxecto e reclamar a liberalización da peaxe da AP-9 no tramo O Porriño – Puxeiros. Pola tarde, a protesta trasladouse á Praza do […]
Novas figuras graníticas sorprenden nos montes

Mos. 30 de xaneiro. O alumnado da Escola de Cantería de Galicia vén de completar catro novas esculturas de granito que xa poden visitarse no roteiro dos muíños de Salgueira e no monte de Pereiras. As pezas representan un leñador, un home sentado, un xabaril e un raposo, e pasan a formar parte da paisaxe […]
Afaga plántalle cara ó alzheimer

Mos. 28 de xaneiro. Os maiores de Mos terán a oportunidade de exercitar a mente e previr o deterioro cognitivo grazas ao programa “Cultiva a Mente”. Esta iniciativa gratuíta, organizada por AFAGA Alzheimer, impartirase en todas as parroquias do municipio entre febreiro e xuño, ofrecendo 10 grupos de 16 persoas, ampliables segundo a demanda. As […]
A Pax Celta chega a Tameiga

Mos. 27 de xaneiro. A veciñanza comuneira de Tameiga ven de acadar un acordo histórico coa directiva do Real Club Celta que pon fin a sete anos de mobilizacións en defensa do monte comunal e das traídas de auga. O acordo, ratificado na asemblea da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, supón a retirada […]
Oportunidade para adquirir competencias dixitais

Mos. 24 de xaneiro. Os veciños de Mos poderán adquirir competencias dixitais transversais grazas a unha nova iniciativa formativa que comezará no Centro de Capacitación. Este programa pretende reducir a fenda dixital e facilitar o acceso a ferramentas tecnolóxicas clave tanto para persoas en situación de desemprego como para traballadores en activo. Ademais, busca adaptar […]