A Deputación aposta polo interior das Rías Baixas na nova campaña turística

Pontevedra. 14 de xaneiro. O interior da provincia de Pontevedra é o protagonista dunha nova campaña de promoción do destino turístico Rías Baixas, presentada este martes no xardín do hotel Numa Experimental en Tomeza. A Deputación de Pontevedra lanza este proxecto baixo o lema “Cando volves?”, centrado nas experiencias e atractivos dos 61 concellos da […]

O feminismo como motor de cambio

Salceda. 7 de xaneiro. O Plan de Igualdade de Salceda de Caselas 2024-2028 foi aprobado por unanimidade para consolidar a igualdade como eixo estrutural das políticas municipais. Este documento, que guiará a acción gobernamental nos vindeiros catro anos, inclúe máis de 120 medidas agrupadas en 10 eixos estratéxicos que abarcan desde a loita contra a […]

Centos de persoas vibran co VII Encontro de Ranchos

Salceda, 30 de decembro. As rúas e prazas de Salceda de Caselas convertéronse nun fervedoiro de música, danza e tradición o pasado sábado coa celebración do VII Encontro de Ranchos e Danzas Tradicionais. Organizado pola Asociación Cultural A Feira e o Concello, o evento contou coa participación de seis agrupacións chegadas de diversos puntos da […]

O Concello acusa á plataforma veciñal de enganar aos afectados polo “catastrazo”

O Concello de Salceda respondeu ás recentes reclamacións contra o “catastrazo” cunha dura crítica á Plataforma Veciñal, insinuando que poderían estar alentando demandas xudiciais baixo a promesa de éxito asegurado. A administración municipal asegura que as denuncias non se presentan contra o Concello, senón contra o Catastro, organismo competente para resolver este tipo de cuestións. […]

O concello de Salceda volve calificar como puntual a nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o “catastrazo”

O concello de Salceda volveu calificar como puntual a nova sentenza decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o coñecido como “catastrazo”. A alcaldesa da vila, Loli Castiñeira, sinalou que a resolución non representa unha invalidación xeral. “Unha vez máis, unha sentenza aillada que non anula a decisión do catastro no seu conxunto […]

O pavillón de Salceda renova a súa pista deportiva,

O pavillón de Salceda vén de renovar a súa pista deportiva, cambiando o antigo chan de cemento pulido por un novo de madeira de faia. A reforma busca mellorar a seguridade das persoas que practican deporte, reducindo o risco de lesións que antes eran frecuentes pola superficie esvaradía. O novo chan ofrece mellor agarre e […]

Salceda prepara un novo obradoiro de emprego

Os veciños de Salceda prepáranse para recibir un novo obradoiro de emprego que arrincará en decembro deste ano e rematará en setembro de 2025. Este programa, no que participarán vinte persoas, combinará formación teórica con tarefas prácticas en albanelería e carpintería. O alumnado traballador encargarase da recuperación de varios elementos do patrimonio local, como os […]