Construcións e reformas baten récords entre particulares

Mos. 20 de xaneiro. O ano 2024 foi testemuña dun destacado incremento no número de licenzas urbanísticas concedidas en Mos, cunha progresión especialmente notable nas obras maiores. En total, tramitáronse 666 asuntos relacionados con Urbanismo e Medio Ambiente, segundo os datos facilitados pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Ramilo. No apartado … Ler máis

A nova A52 provoca unha fronte común de oposición veciñal

Mos. 11 de xaneiro. Centos de veciños uníronse onte pola tarde no Multiusos de Petelos para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto do novo trazado da autovía A52, proposto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade. A infraestrutura afecta de maneira grave ás parroquias de Sanguiñeda, Petelos, Tameiga e Pereiras, poñendo en risco non só vivendas … Ler máis

O templete de San Luis brilla de novo

O Porriño. 8 de xaneiro. O templete de San Luis ven de rematar a súa restauración tras un investimento superior aos 260.000 euros, logo de que hoxe se deran por completados os traballos de rehabilitación. A obra do arquitecto Antonio Palacios, que foi parte do proxecto da primeira liña do Metro de Madrid, trasladouse ao … Ler máis

O Concello acusa á plataforma veciñal de enganar aos afectados polo “catastrazo”

O Concello de Salceda respondeu ás recentes reclamacións contra o “catastrazo” cunha dura crítica á Plataforma Veciñal, insinuando que poderían estar alentando demandas xudiciais baixo a promesa de éxito asegurado. A administración municipal asegura que as denuncias non se presentan contra o Concello, senón contra o Catastro, organismo competente para resolver este tipo de cuestións. … Ler máis

Reclamacións masivas polo “catastrazo”: O concello deberá devolver máis dun millón de euros

Medio centenar de veciños acudiron esta semana ao rexistro municipal para presentar reclamacións contra o coñecido como “catastrazo”, un cambio no catastro que afectou máis de 700 leiras e vivendas no municipio. As demandas buscan a devolución de máis de 1,2 millóns de euros cobrados de forma irregular en concepto de IBI. O Tribunal Superior … Ler máis

O Porriño aproba a modificación puntual do PXOM para resolver un problema de feísmo urbanístico

O Concello do Porriño vén de aprobar a modificación puntual do PXOM para resolver un problema de feísmo urbanístico. A medida afecta o edificio abandonado de seis plantas na Praza Central, e inclúe axustes nas aliñacións interiores para permitir novas construcións sen alterar a edificabilidade prevista. O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou que esta decisión non … Ler máis