Catro traballadores feridos nunha explosión nunha canteira de Atios

Catro traballadores sufriron lesións de distinta gravidade ao producirse unha explosión durante os traballos de voladura nunha canteira de Atios, no Porriño. O ferido máis grave foi trasladado en helicóptero ao hospital Álvaro Cunqueiro. Os catro están estables, segundo confirma o Concello. O 112 Galicia recibiu o aviso dun particular ás 13:10 horas. Ata o … Ler máis

O Porriño reúne a mesa local contra a violencia de Xénero

Reunión

Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Louriña TV // Historias da Louriña (@lourinatv) O Porriño, 11 de maio de 2026. A Mesa Local contra a Violencia de Xénero do Porriño, na que se atopan representados todos os axentes que actúan no municipio, reuniuse hoxe para abordar de maneira conxunta diversos temas relacionados … Ler máis

O Porriño licita o servizo de mantemento e vixilancia para centros educativos e instalacións deportivas

O Porriño. 07 de maio de 2026. O Concello do Porriño anuncia a licitación do novo contrato para a prestación de servizos integrais de mantemento, reparación, vixilancia e conserxería. Este contrato ten como finalidade asegurar que os centros educativos e as instalacións deportivas do municipio conten cun funcionamento óptimo e seguro para todos os usuarios. … Ler máis

Curso de primeiros auxilios en Pontellas

primeiros auxilios

O Porriño. 5 de maio de 2026. A veciñanza de Pontellas recibirá formación en primeiros auxilios este martes 5 de maio ás 17:00 horas na Asociación Cultural da parroquia a través dunha charla gratuíta impulsada en formato práctico para mellorar a capacidade de resposta ante emerxencias e actuar nos primeiros minutos en situacións críticas. A … Ler máis

20 persoas en paro accederán a emprego e formación durante 9 meses a través dun programa dual

formación e emprego

O Porriño. 23 de abril de 2026. Vinte desempregados accederán a un contrato de traballo mentres reciben formación dual en sectores con alta demanda, a partir do 1 de xuño de 2026 no Porriño, para mellorar a súa inserción laboral e contribuír ao mantemento do entorno e á modernización de servizos. As persoas en situación … Ler máis

Usuarios de Torneiros denuncian carencias graves no servizo de autobuses

Déficit no transporte a Torneiros

O Porriño. 21 de abril de 2026. A veciñanza reclama un servizo de transporte público adecuado en Torneiros mediante alegacións ao novo contrato da Xunta. As reclamacións están abertas desde outubro de 2025 co fin de mellorar a mobilidade de estudantes e persoas traballadoras. Os veciños desta parroquia levan tempo denunciando a falta dun servizo … Ler máis

A rúa San Sebastián adaptase a mobilidade reducida

Obras na rúa San Sebastián

O Porriño. 15 de abril de 2026. A rúa San Sebastián iniciou as obras de accesibilidade coa substitución parcial do pavimento entre a rúa Fernández Areal e a praza de San Benito, para mellorar o tránsito peonil e facilitar o paso a persoas con mobilidade reducida. A vía urbana está a ser obxecto dunha intervención … Ler máis

Obras de pavimentación melloran accesos na Devesa

Obras na Devesa, no Budiño

O Porriño. 14 de abril de 2026. A veciñanza da Devesa, no Budiño, recibe a mellora do pavimento en camiños municipais mediante obras de acondicionamento iniciadas este luns en varios puntos do rural do Porriño para aumentar a seguridade viaria e facilitar a mobilidade tras o deterioro provocado polas chuvias. A veciñanza ve como comezan … Ler máis

O balonmán feminino competirá na élite nacional

balonmán xuvenil feminino

O Porriño. 13 de abril de 2026. As xogadoras do Club Balonmano Femenino clasificáronse para a fase final do Campionato de España tras proclamarse vencedoras da Final Four Xuvenil Feminina celebrada en Tui.  As porriñesas lograron o título tras unha temporada destacada e aseguraron a súa presenza no Campionato de España. O equipo acadou ademais … Ler máis