A cidade deportiva do Celta en Mos volve estar no punto de mira por posibles vertidos contaminantes. Nos últimos días, detectouse un líquido branco de orixe descoñecida nas redes onde se recollen as pluviais de varias parroquias, como Tameiga, Cela e Pereiras. Veciños e membros do BNG identificaron a orixe nunha arqueta próxima ás instalacións da cidade deportiva Afouteza: Tomaron mostras e informaron á Policía Local, que levantou atestado. O portavoz nacionalista na vila, Gustavo Barcia, alerta sobre a gravedade que pode chegar a tomar o caso: “Se a isto lle sumamos que hai una semana se denunciou vertidos incontrolados tamén por parte da cidade deportiva do Celta, podemos estar ante un delito medioambiental e contra a saúde pública”. Cabe recordar que fai unhas semanas o Celta recibiu un expediente sancionador da Confederación Hidrográfica Miño-Sil tras a denuncia de Ecoloxistas en Acción por un vertido de augas residuais.