A Deputación de Pontevedra aprobará hoxe venres en Xunta de Goberno un investimento de preto de 90.000 euros para a renovación da pista do pavillón municipal de Salceda.
O presidente da deputación, Luis López, valorou así este proxecto: “So 92 mil euros que se destinan a tal fin e que vai implicar pois loxicamente un plus de mellora importante nesta importante instalación deportiva de Salceda de Caselas”. López tamén destacou que o ente provincial destinará máis de 800.000 euros a Salceda para gasto corrente e proxectos como a mellora da rede viaria ou o mantemento das piscinas municipais.
Pola súa banda, a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira agradeceu a colaboración entre institucións e subliñou o entendemento e diálogo fluido co goberno popular da deputación. Así calificaba a reunión tras rematar a xuntanza: “un traballo conxunto que dará froitos moi moi próximamente”.
Esperase que parte dese froito sexa a mellora da mobilidade peonil entre Salceda e Entenza e a reforma integral do centro cívico.