A parroquia porriñesa de Budiño contará cun novo parque infantil.

A parroquia porriñesa de Budiño contará cun novo parque infantil.  As obras xa comezaron nunha parcela próxima ao polígono industrial no barrio Vaquería. O espazo, de máis de 150 m2, incluirá dous balancíns, un multixogo e un bambán, para cubrir a falta de áreas de espallamento na zona.

O concelleiro de Parques Infantís, Marcos Martínez, destacou que o proxecto está deseñado para garantir a seguridade dos nenos. Con ese obxectivo o movemento de terras e a instalación dunha malla protectora xa en marcha.

Con un investimento de 15.000 euros, o 70% do custo financiouse cunha subvención autonómica para mellorar infraestruturas públicas.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *