A primeira promoción de bacharelato de Salceda celebrou a súa gradación no Pazo Pegullal

A primeira promoción de bacharelato de Salceda celebrou a súa gradación no Pazo Pegullal o pasado venres. No evento, 49 estudantes do Instituto Pedras Rubias celebraron a finalización dos seus estudos cun emotivo e divertido acto.

 

A directora do centro, Chefa Espiñeira, destacou a importancia desta promoción pioneira, lembrando os retos superados durante a pandemia. “Estamos inmensamente orgullosos destes estudantes, que abriron camiño para futuras xeracións,” declarou Espiñeira.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *