Mos destinará 40.000 euros en axudas para libros, material escolar e comedor

O Concello de Mos destina no presente curso un total de 40.000 euros en axudas para libros, material escolar e comedor, o que beneficiará a 214 familias con fillos en idade escolar. As subvencións, dirixidas a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, alcanzan 41 familias máis que o ano pasado. Os 30.000 € para o […]

Mos recibirá máis de 10 millóns de euros da Xunta en 2025

O Concello de Mos recibirá máis de 10 millóns de euros dos orzamentos da Xunta para 2025, un investimento histórico que impulsará varios proxectos clave. Destacar os 5 millóns de euros destinados ao novo Centro de Coidados Intermedios no Rebullón, que será o segundo de Galicia e permitirá a recuperación completa dos pacientes antes de […]

O Concello de Mos apoia o evento “Somos industria, somos empresa”

O Concello de Mos apoiou no día donte o evento “Somos industria, somos empresa”, organizado por Empresarias Galicia. A xornada reuniu pemes e líderes do sector industrial para abordar retos como infraestruturas, sustentabilidade e economía circular. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou na súa intervención a importancia de impulsar o liderado feminino e combater […]

Hoxe arranca a cuarta intervención arqueolóxica no Castro de Pereiras

Hoxe arranca a cuarta intervención arqueolóxica no Castro de Pereiras, cunha axuda de 14.000 euros da Xunta de Galicia. As escavacións estarán dirixidas por Mario Pereiro e realizadas pola empresa Castelos no Aire. O traballo centrarase en sesenta metros cadrados do segundo e terceiro socalco da parcela recentemente adquirida pola comunidade de Montes de Pereiras; […]

A cidade deportiva do Celta en Mos no punto de mira por posibles vertidos contaminantes.

A cidade deportiva do Celta en Mos volve estar no punto de mira por posibles vertidos contaminantes. Nos últimos días, detectouse un líquido branco de orixe descoñecida nas redes onde se recollen as pluviais de varias parroquias, como Tameiga, Cela e Pereiras. Veciños e membros do BNG identificaron a orixe nunha arqueta próxima ás instalacións […]