O Concello de Mos destina no presente curso un total de 40.000 euros en axudas para libros, material escolar e comedor, o que beneficiará a 214 familias con fillos en idade escolar. As subvencións, dirixidas a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, alcanzan 41 familias máis que o ano pasado.
Os 30.000 € para o comedor repartense da seguinte maneira: 10.000 están destinados aos meses de setembro a novembro, e os 20.000 restantes son para o resto do curso. Este ano, 114 familias recibirán esta axuda, 26 máis que no curso anterior.
Os 10.000 euros para libros e material beneficiarán a 100 familias, 15 máis respecto ao pasado curso.