Mos envía a Valencia 5 persoas do Servizo Municipal de Emerxencias para colaborar na axuda tras a Dana

O Concello de Mos enviou a pasada semana a Valencia un equipo de 5 persoas do Servizo Municipal de Emerxencias para colaborar nas tarefas de axuda tras a grave Dana que afectou a esta comunidade. O equipo, composto por 3 profesionais do GES e 2 voluntarios de Protección Civil, levará a cabo un operativo de 10 días co apoio de vehículos especializados e material de intervención.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *