Mos recibirá máis de 10 millóns de euros da Xunta en 2025

O Concello de Mos recibirá máis de 10 millóns de euros dos orzamentos da Xunta para 2025, un investimento histórico que impulsará varios proxectos clave.

Destacar os 5 millóns de euros destinados ao novo Centro de Coidados Intermedios no Rebullón, que será o segundo de Galicia e permitirá a recuperación completa dos pacientes antes de volver aos seus fogares. Tamén se destinarán preto de tres millóns para impulsar 20 vivendas de protección oficial en San Eleuterio.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, cualificou este apoio como “unha aposta firme para que o Mos das oportunidades siga crecendo”.

Outros proxectos previstos son a creación dunha nova escola infantil por 700.000 euros e a humanización do Novo Puxeiros cunha inversión de 600.000 euros.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *