O cadete do Baloncesto Caselas campión da Copa

O equipo cadete do Club Baloncesto Caselas proclamouse campión da Copa tras vencer ao Novobasket na final disputada o pasado domingo na Universidade de Vigo.

O Caselas dominou o partido desde o primeiro cuarto, no que conseguiu unha ventaxa de dez puntos que lle permitiu liderar o encontro durante a maior parte do tempo. O Novobasket pola súa banda mostrou tenacidade e logrou poñerse por diante nos minutos finais. Emerxeu entón a coraxe do equipo de Salceda que retomou o control para finalmente impoñerse por 50 a 45. O máximo anotador do partido foi o xogador do Caselas Izan González con 15 puntos.

Este éxito destaca a resiliencia e o talento do equipo cadete do Caselas, que culmina unha tempada excepcional na que tamén xogou o partido final tanto polo título como polo ascenso.

Vaia desde Louriña TV a nosa felicitación para toda a familia do Baloncesto Caselas; tanto por este logro, como polo fantástico traballo feito con todas as súas equipas durante todo o ano.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *