O Concello de Mos avanza no Plan ‘Ghatiñ@s’ coa instalación dos primeiros refuxios para colonias de gatos rueiros.

O Concello de Mos avanza no Plan ‘Ghatiñ@s’ coa instalación dos primeiros refuxios para colonias de gatos rueiros. As instalacións, situadas no contorno da Igrexa de Pereiras, son reciclados a partir de vellos contedores de vidro e decorados con grafitis, incluíndo a rosa de Mos ou o personaxe de Garfield.

Ademáis, Mos tamén estreou o servizo provincial de esterilización, co que se pretende intervir 78 gatos en varias quendas. A edil de Medio Ambiente, Laura Méndez, subliñou a urxencia de xestionar as colonias para que non haxa problemas de salubridade. Até o momento, localizáronse no municipio oito colonias en distintas parroquias.

O proxecto, que conta cunha subvención de máis de 7.500 euros do Ministerio de Dereitos Sociais, busca controlar a poboación felina.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *