O concello de Mos pechou onte as XX edición das Xornadas Micolóxicas cunha homenaxe a Tomás Alonso, hostaleiro do restaurante Adega da Tía Carmen. O recoñecemento foi pola súa participación durante 20 anos ininterrompidos. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, entregoulle a Alonso o símbolo da rosa de Mos no Pazo de Mos, onde se celebrou a Gran Degustación.