O concello de Salceda volve calificar como puntual a nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o “catastrazo”

O concello de Salceda volveu calificar como puntual a nova sentenza decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o coñecido como “catastrazo”.

A alcaldesa da vila, Loli Castiñeira, sinalou que a resolución non representa unha invalidación xeral. “Unha vez máis, unha sentenza aillada que non anula a decisión do catastro no seu conxunto como de novo quere facernos creer este despacho de avogados”. A alcaldesa tamén subliñou que as casuísticas das parcelas son diferentes e que o Concello non foi notificado, dado que a denuncia se presentou contra o Catastro. Castiñeira reiterou que, en calquera caso, o Concello actuará en defensa dos veciños.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *