O Concello do Porriño finalizou as obras de saneamento no barrio de Outeiro, na parroquia de Pontellas

O Concello do Porriño finalizou as obras de saneamento no barrio de Outeiro, na parroquia de Pontellas. Cun investimento de 160.000 euros, o Consorcio de Augas do Louro impulsou esta actuación, que dota a zona dunha nova rede de recollida de augas residuais cun quilómetro de extensión. Desta maneira, 25 vivendas –que suman preto de 100 veciños– quedarán conectadas á rede xeral de saneamento.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *