O Concello do Porriño pon en marcha o programa Vivendas Baleiras

O Concello do Porriño ven de poñer en marcha o Programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa que busca incorporar inmobles privados ao mercado de alugueiro a prezos accesibles. A través deste programa, creáranse rexistros tanto de arrendatarios como de vivendas dispoñibles, que estarán xestionados polos Servizos Sociais.

O programa ofrece garantías aos propietarios, como seguros para cubrir impagos e danos, ou asistencia xurídica. As persoas que busquen vivenda e cumpran con requisitos, como estar empadroadas no Porriño, poderán acceder a un aluguer que non supere o 30% dos seus ingresos.

O alcalde da vila, Alejandro Lorenzo, sinalou que esta iniciativa pode ser fundamental para familias en situación de vulnerabilidade e agradeceu aos propietarios que se unan ao programa.

Este proxecto enmárcase dentro do Programa de Mobilización de Vivendas en Alugueiro, impulsado polo IGVS, co obxectivo de facilitar o acceso a vivenda a prezos xustos.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *