O dispositivo de emerxencia desprazado desde O Porriño a Benetússer mantén as súas tarefas de apoio aos afectados pola DANA

O dispositivo de emerxencia desprazado desde O Porriño a Benetússer, en Valencia, mantén as súas tarefas de apoio aos afectados pola DANA desde a madrugada do pasado sábado.

Os seis axentes da Policía Local do Porriño e dous operarios municipais centran o seu traballo na drenaxe de garaxes e limpeza de rúas.

Os vehículos oficiais enviados, mantéñense en prealerta para desprazar persoal médico en Castellón e tamén se está a utilizar a unidade dron para o recoñecemento do terreo.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *