O pleno do Concello de Mos aproba o Servizo de Axuda no Fogar

O pleno do Concello de Mos vén de aprobar o Servizo de Axuda no Fogar, cun orzamento anual de máis de 1,5 millóns de euros. O contrato inclúe melloras como acompañamento ás citas médicas para usuarios sen rede familiar, maior estabilidade das auxiliares e zonas de atención máis próximas aos domicilios.

Este novo servizo, que se prolongará por un máximo de catro anos, beneficiará a 92 usuarios, e contará cun total de 56 auxiliares.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *