O Porriño acolle a Oficina Móbil de Atención ós emigrantes retornados

O Porriño acolleu a semana pasada a Oficina Móbil de Atención ós emigrantes retornadas, que dende 2020 asesorou máis de 5.000 familias.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde, Alejandro Lorenzo, visitaron a unidade, que ofrece axuda en trámites administrativos, sanidade, educación, emprego e vivenda para facilitar o retorno.

A iniciativa percorre concellos galegos co fin de garantir o acceso aos servizos, e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *