O Concello do Porriño vén de aprobar a modificación puntual do PXOM para resolver un problema de feísmo urbanístico. A medida afecta o edificio abandonado de seis plantas na Praza Central, e inclúe axustes nas aliñacións interiores para permitir novas construcións sen alterar a edificabilidade prevista.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou que esta decisión non só mellorará a estética e seguridade da zona, senón que tamén facilitará a creación de novas vivendas: “A prioridade é acabar con este problema de feísmo co que estivemos convivindo durante anos”. A aprobación contou co voto favorable do equipo de goberno e a oposición dos grupos restantes.