Roubos, vandalismo e verteduras ilegais

Roubos, vandalismo e verteduras ilegais e o que denuncian un grupo de nove comunidades de montes do sur da Provincia, especialmente de Salceda e O Porriño.

Na Picoña, denunciase o lanzamento de pedras despois de baleirar unha balsa contra incendios, ou que sinais foran destruídas a tiros. En Atios, o vandalismo afectou ó mobiliario das áreas recreativas, e sufriron verteduras perigosas de uralita. No Budiño, roubouse material agrícola, en San Xurxo, hai verteduras de restos industriais e uralita e en Santa María de Salceda realizáronse destrozos no tellado tentando roubar o grupo de presión e os quentadores de auga.

En Parderrubias, Couso, Cristiñade e Guláns tamén se denuncian situacións similares, agravadas pola falta de vixilancia do Seprona, que conta con poucos efectivos no terreo.

Co fin de atopar una solución, este grupo de comunidades de Montes acaba de solicitar unha xuntanza co Subdelegado do Goberno, Abel Losada, co fin de abordar a desprotección na que se atopa o monte da comarca.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *