Servizo clave recuperado tras vandalismo

A alcaldesa de Mos reabre o punto limpo

Mos. 7 de abril de 2026. O punto limpo do concello restableceu o servizo tras a súa reparación logo dun acto vandálico que suspendeu temporalmente a súa actividade co quie se volve garantir a recollida selectiva e a sustentabilidade.

A instalación retomou o funcionamento normal, permitindo á veciñanza depositar residuos domésticos especiais de xeito seguro e cómodo. O servizo, posto en marcha en outubro de 2025, percorre as dez parroquias do municipio, evitando desprazamentos e facilitando a xestión responsable de residuos.

Entre os materiais que se poden depositar figuran pilas e baterías, lámpadas, aceites de cociña usados, pequenos electrodomésticos, roupa e calzado, xoguetes, envases contaminados e dispositivos electrónicos en desuso. A concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, subliñou que a resposta cidadá demostra a necesidade e eficacia deste servizo, e apelou á colaboración da veciñanza para protexelo.

O vandalismo que provocou a suspensión temporal recorda a importancia de facer un uso responsable das infraestruturas públicas. O abandono de enseres ou lixo fóra dos puntos autorizados supón prexuízo para o entorno e a convivencia, e pode derivar en sancións conforme á normativa vixente.

O restablecemento do Punto Limpo Móbil garante que toda a veciñanza poida continuar contribuíndo a un modelo de economía circular e sostible, evitando prexuízos ambientais e promovendo hábitos responsables na xestión de residuos domésticos.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, destacou que “non imos permitir que comportamentos incívicos freen servizos fundamentais” e agradeceu á concelleira de Medio Ambiente e ao persoal municipal o traballo para restablecer o servizo. Subliñou tamén o compromiso do Concello con iniciativas de sustentabilidade, respaldadas pola colaboración da veciñanza.

Calendario de localizacións do Punto Limpo Móbil

O Punto Limpo Móbil desprazarase polas diferentes parroquias de Mos seguindo un calendario mensual que facilita á veciñanza planificar a entrega de residuos.

Nos meses impares (xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro):

  • Días 1-5 → Mos (Pazo de Mos)
  • Días 6-8 → Cela (xunto á Igrexa)
  • Días 9-11 → Cela (Centro Cultural Herville)
  • Días 12-14 → Pereiras (San Rafael)
  • Días 15-17 → Pereiras (Centro Cultural Os Castros)
  • Días 18-22 → Petelos (Multiusos As Pozas)
  • Días 23-26 → Tameiga (Urb. San Eleuterio)
  • Días 27-30/31 → Tameiga (Alto Puxeiros)

Nos meses pares (febreiro, abril, xuño, agosto, outubro e decembro):

  • Días 1-5 → Sanguiñeda (Avda. de Sanguiñeda)
  • Días 6-8 → Sanguiñeda (Ameiro Longo)
  • Días 9-11 → Louredo (Local Social A Cividade)
  • Días 12-14 → Louredo / Guizán (Santiaguiño)
  • Días 15-17 → Guizán (Plantel)
  • Días 18-22 → Dornelas (Local Social)
  • Días 23-26 → Torroso (Peinador)
  • Días 27-30/31 → Torroso (Centro Dotacional)

Deste xeito, a veciñanza pode organizar a entrega de pilas, baterías, electrodomésticos, aceites ou outros residuos especiais nas datas e ubicacións máis próximas.

Un modelo de recollida pioneiro en Galicia

O Punto Limpo Móbil de Mos é un exemplo de boa práctica en Galicia, situándose entre os proxectos que achegan a recollida selectiva directamente ás parroquias, seguindo estándares europeos de xestión de residuos. Programas similares na Unión Europea demostran que a mobilidade destes puntos mellora a participación cidadá e reduce a contaminación ambiental.

Este tipo de iniciativas encádrase dentro das políticas públicas de economía circular e de promoción de hábitos sostibles, promovendo que os residuos se xestionen de forma segura e eficiente. A correcta separación de residuos e a utilización de puntos limpos móbiles axuda a cumprir normativas ambientais e a reducir impactos negativos sobre o territorio.

En España, proxectos como este xa se estenden por varios municipios galegos, combinando información, concienciación cidadá e infraestruturas adaptadas á realidade local. A veciñanza que fai uso destes recursos contribúe á preservación do medio e á mellora da calidade de vida nas comunidades.

Compartilo: