Verdegaia denuncia ó goberno do Porriño por incumprir a Lei de Patrimonio Natural de Galicia

A asociación ecoloxista Verdegaia vén de denunciar ao goberno municipal do Porriño por incumprir de forma reiterada a Lei de Patrimonio Natural de Galicia.

Segundo a asociación, o Concello vulnera a normativa ao realizar cortas sen permiso da Xunta nas beiras do río Fonteliño, onde se atopa a especie invasora Fallopia japonica. Según Verdegaia, esta práctica está a provocar que os restos vexetais cheguen ás Gándaras e ao río Miño, causando danos ambientais.

O colectivo ecoloxista tamén anunciou a ruptura de calquera relación co Concello pola falta de accións para protexer o río Louro e os seus afluentes; a pesar de que hai un ano se aprobou a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *