O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volveu sacudir Salceda cunha sentenza contra o “Catastrazo”. Cada vez parece máis claro co concello deberá devolver máis dun millón de euros cobrados de forma irregular a máis de 5.000 veciños. Esta nova resolución, do 14 de xuño de 2024, segue a liña de que as parcelas rurais non deben pagar o IBI como urbanas.
A medida, aplicada no 2021, implicou que terreos rústicos fosen recalificados sen ter dotacións. O líder da Plataforma Veciñal contra o Catastrazo Tano Guerra pide ao goberno local que non se meta en novas aventuras: “Teñenos en este momento sete anos de exceso de pago das contibucions. Esperemos que con eses cartos o goberno local non se meta en novas aventuras de reclamacións a instancias superiores, porque a parte de perder o tempo y non afrontar o problema sería un dispendio dos cartos dos veciños”
O vindeiro xoves, 17 de outubro, ás 20:00, no Auditorio Municipal, os veciños afectados poderán asistir a un encontro para avanzar na recuperación dos cobros indebidos. O avogado de BGI, Antonio Heredero, destaca que “todos os veciños teñen dereito a recuperar os cartos cobrados de máis” e anima á participación para sumar esforzos e defender os seus dereitos.