O judo salcedense sobe ao podio na Guarda

Salceda. 13 e maio de 2026. O Judo Club Trasno regresou esta fin de semana do Campionato Internacional do Tecla, celebrado na A Guarda, cunha destacada colleita de medallas e boas sensacións sobre o tatami. O club salcedense conseguiu dous ouros, dúas pratas e un bronce nunha cita que reuniu a deportistas de diferentes categorías e niveis.

Os resultados máis destacados chegaron da man de Enzo Rodríguez e Laura Rodríguez, que se proclamaron campións nas súas respectivas categorías. Pola súa banda, Diana Fernández e Diego Fernández acadaron a medalla de prata tras unha competición moi igualada. O podio completouno Diego Lemos cun meritorio bronce.

Máis aló das medallas, o club destaca tamén o papel do resto da expedición. Os 14 deportistas salcedenses participantes lograron varios cuartos e quintos postos, confirmando o bo momento dunha canteira que segue medrando en competicións de carácter internacional.

O Campionato Internacional do Tecla converteuse un ano máis nun escaparate para novas promesas do judo galego e portugués, cun alto nivel competitivo durante toda a fin de semana.

Compartilo: