Hoxe arranca en Salceda unha nova edición do Pincho Folk. O popular concurso de pinchos regresa a vila durante todo o mes de setembro. Ata o día 28, os venres e sábados, de oito da tarde a once da noite, 14 establecementos ofrecerán pinchos por 1,50€
Os venres, poderanse degustar pratos como a fabada de A Tixola, o “Recupincho” de O Recuncho, o “Pinchopancho” de Qué Chocolate!, o xarrete estofado do Bar Caselas, “Niños de arroz” de Bodeguilla Z9, o “Ecopincho” de Tabertenda e o boliño desfiado de Fiuncho e néboda. O sábado, destacan a miniburguer de La Maldita, a tosta de queixo de Pixel Gaming Bar, o “Parchipincho” de La Parchita e o lombo de autor de Cervexería Grolinhos. Ademais, La Marujita ofrecerá o seu “Supli” ambos días, e Altamira e Enjoy completan a ruta cos seus pratos “Niño Altamira” e patacas á riojana, respectivamente.
A concelleira de Comercio, Selene González, salientou que “iniciativas coma estas contribúen á dinamización do sector hostaleiro e de toda Salceda, grazas tamén á colaboración dos grupos de gaitas, que enriquecen o evento”. Durante cada xornada, o público poderá votar polo mellor pincho e optar a premios como unha fin de semana na Ribeira Sacra.