O Porriño celebra a Festa do Peregrino

O Porriño celebra mañá sábado, 5 de outubro, a Festa do Peregrino e o Turista cun completo programa de actividades. A xornada comezará ás 12:00 cun photocall do Camiño de Santiago na praza Arquitecto Antonio Palacios. Pola tarde, ás 16:30 e dende a Botica Nova, comezarán roteiros guiados pola obra do arquitecto porriñés.

As 17:00, os visitantes poderán participar en obradoiros de baile e música tradicional galega. Xa pola noite, A festa culminará ás 20:30 cun concerto de Pan.Sen.Fron, seguido dunha sesión con DJ Mus; na praza central.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou que “cada ano, miles de peregrinos fan unha parada no Porriño, e esta festa é unha forma de agradecerlles o seu paso pola vila”.

A celebración busca poñer en valor a hospitalidade da veciñanza e o rico patrimonio cultural do municipio.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *