O Porriño acolle a II edición da Carreira de Empresas XIII Interrunning

O Porriño acolleu no día de onte a segunda edición da Carreira de Empresas XIII Interrunning, que reuniu a centos de corredores no circuíto urbano da vila. A proba comezou ás 09:30 coa andaina “Antonio Palacios”, cun percorrido de 6 quilómetros. Seguidamente, disputáronse as carreiras de 5K e 10K, tanto en categoría individual como por equipos, cun gran nivel de participación.

Os máis pequenos tamén tiveron o seu protagonismo na proba infantil, que pechou a xornada nun ambiente festivo.

O evento, organizado polo Interrunning Club en colaboración co Concello, tivo ademais un carácter solidario, con doazóns destinadas a familias locais e colectivos como a Asociación Española Contra o Cancro e Bicos de Papel.

que reuniu a centos de corredores no circuíto urbano da vila. A proba comezou ás 09:30 coa andaina “Antonio Palacios”, cun percorrido de 6 quilómetros. Seguidamente, disputáronse as carreiras de 5K e 10K, tanto en categoría individual como por equipos, cun gran nivel de participación.

Os máis pequenos tamén tiveron o seu protagonismo na proba infantil, que pechou a xornada nun ambiente festivo.

O evento, organizado polo Interrunning Club en colaboración co Concello, tivo ademais un carácter solidario, con doazóns destinadas a familias locais e colectivos como a Asociación Española Contra o Cancro e Bicos de Papel.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *