Atios inmersa nas obras dun novo parque infantil

A parroquia de Atios, no Porriño, está inmersa nas obras dun novo parque infantil no barrio dos Galegos. O proxecto, que comezou no dia de onte, busca cubrir a falta de espazos de xogo nesta zona, que ata o de agora non dispoñía deste tipo de instalacións para os máis cativos. As obras inclúen un firme de formigón que será recuberto con céspede artificial antiestático.

O concelleiro de Parques Infantís, Marcos Martínez, indicou que o parque contará cun tobogán de metro e medio, dous columpios, un balancín e unha mesa de xogos. Tamén haberá unha zona biosaudable para adultos.

O recinto, que estará valado para maior seguridade, supón un investimento de máis de 30.000 euros, financiados nun 70% con fondos autonómicos.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *