Hoxe arranca a cuarta intervención arqueolóxica no Castro de Pereiras

Hoxe arranca a cuarta intervención arqueolóxica no Castro de Pereiras, cunha axuda de 14.000 euros da Xunta de Galicia. As escavacións estarán dirixidas por Mario Pereiro e realizadas pola empresa Castelos no Aire.

O traballo centrarase en sesenta metros cadrados do segundo e terceiro socalco da parcela recentemente adquirida pola comunidade de Montes de Pereiras; que xa controla o 97% do castro tras mercar este ano varias fincas a veciños.

Como en anteriores traballos, as escavacións estarán abertas ao público. A veciñanza poderá achegarse para observar as actuacións en curso; e un arqueólogo estará dispoñible para responder a preguntas e ofrecer información sobre os achados.

Compartilo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *