O centro mantén o tráfico tras a reforma

O Porriño. 30 de xaneiro. O tráfico seguirá dominando as rúas Pío XII e Manuel Rodríguez do Porriño a pesar das obras en marcha para reformar a contorna do Centro Social. A conexión entre Pío XII e Antonio Palacios avanza, pero sen medidas para restrinxir os vehículos nin ampliar os espazos para os peóns. O […]

As traídas refórzanse con miles de euros en axudas

O Porriño. 29 de xaneiro. As comunidades de augas locais do Porriño recibirán un total de 175.000 euros en axudas para mellorar a calidade do servizo e optimizar as súas instalacións. Estes fondos permitirán reforzar o control sanitario, mellorar a rede de distribución e cubrir gastos de mantemento das traídas veciñais. As subvencións, correspondentes á […]

Dous anos de goberno sen orzamentos á vista

Salceda. 29 de xaneiro. O municipio de Salceda continúa sen orzamentos municipais cando xa pasaron case dous anos de mandato. A oposición denuncia que non existe nin unha proposta inicial e que a xestión municipal está marcada pola inacción e a falta de proxectos novos. O grupo municipal do PSdeG-PSOE acusa ao goberno local de […]

Afaga plántalle cara ó alzheimer

Mos. 28 de xaneiro. Os maiores de Mos terán a oportunidade de exercitar a mente e previr o deterioro cognitivo grazas ao programa “Cultiva a Mente”. Esta iniciativa gratuíta, organizada por AFAGA Alzheimer, impartirase en todas as parroquias do municipio entre febreiro e xuño, ofrecendo 10 grupos de 16 persoas, ampliables segundo a demanda. As […]

Os veciños de Domingo Bueno avanzan na solución dos problemas urbanísticos

O Porriño. 28 de xaneiro. Os veciños da Avenida Domingo Bueno avanzan na solución dun problema urbanístico histórico tras a aprobación provisional dunha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O cambio, aprobado hoxe en pleno con 17 votos a favor e 2 abstencións, busca adaptar a aliñación oficial aos edificios consolidados entre […]

Nova rúa para unir a praza do concello cos barrios

Salceda. 27 de xaneiro. Os veciños do centro urbano de Salceda poderían contar proximamente cunha nova rúa que unirá a Praza do Concello coa Rúa Brasil. O espazo será de prioridade peonil, permitindo só o acceso de vehículos imprescindibles como emerxencias ou a futuras garaxes. O deseño inclúe zonas verdes, mobilidade inclusiva e espazos pensados […]

A Pax Celta chega a Tameiga

Mos. 27 de xaneiro. A veciñanza comuneira de Tameiga ven de acadar un acordo histórico coa directiva do Real Club Celta que pon fin a sete anos de mobilizacións en defensa do monte comunal e das traídas de auga. O acordo, ratificado na asemblea da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, supón a retirada […]

Oportunidade para adquirir competencias dixitais

Mos. 24 de xaneiro. Os veciños de Mos poderán adquirir competencias dixitais transversais grazas a unha nova iniciativa formativa que comezará no Centro de Capacitación. Este programa pretende reducir a fenda dixital e facilitar o acceso a ferramentas tecnolóxicas clave tanto para persoas en situación de desemprego como para traballadores en activo. Ademais, busca adaptar […]

Máis de 100 familias en vilo por despidos masivos

O Porriño. 24 de Xaneiro. Máis de 100 familias da comarca do Porriño enfróntanse á ameaza inmediata de quedarse sen traballo debido ao Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola dirección de Levantina Minerais Asociados. Este ERE supón o cesamento da actividade industrial da planta do Porriño, que se convertería nun simple almacén de […]

A resposta veciñal contra a nova autovía non para

Mos. 23 de xaneiro. A veciñanza está a mobilizarse de forma masiva para presentar alegacións contra o proxecto da nova autovía A52, actualmente en exposición pública. En Mos, a recollida de sinaturas e alegacións ten alcanzado cifras históricas: máis de 6.000 documentos rexistrados, coa previsión de multiplicarse nos próximos días antes de que remate o […]