Catro traballadores feridos nunha explosión nunha canteira de Atios

Catro traballadores sufriron lesións de distinta gravidade ao producirse unha explosión durante os traballos de voladura nunha canteira de Atios, no Porriño. O ferido máis grave foi trasladado en helicóptero ao hospital Álvaro Cunqueiro. Os catro están estables, segundo confirma o Concello. O 112 Galicia recibiu o aviso dun particular ás 13:10 horas. Ata o … Ler máis

O judo salcedense sobe ao podio na Guarda

Salceda. 13 e maio de 2026. O Judo Club Trasno regresou esta fin de semana do Campionato Internacional do Tecla, celebrado na A Guarda, cunha destacada colleita de medallas e boas sensacións sobre o tatami. O club salcedense conseguiu dous ouros, dúas pratas e un bronce nunha cita que reuniu a deportistas de diferentes categorías … Ler máis

Regresa o X Miúdo Fest: os mellores espectáculos infantís e familiares con acceso de balde 

teatro

Mos, 12 de maio de 2026.– O Miúdo Fest chega á décima edición e, para celebralo, a Comunidade de Montes de Tameiga, organizadora do evento, prepara unha edición máis extensa, con máis días de actuacións, novos recintos e os mellores espectáculos para público infantil e familiar de Galicia. E todo, con acceso completamente gratuíto. O … Ler máis

A Picoña designada parroquia priorizada para a limpeza de terreos fronte aos incendios

A Picoña

Salceda. 12 de maio de 2026. A parroquia da Picoña foi seleccionada como Parroquia Priorizada dentro do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga). Esta distinción permite que as persoas propietarias de parcelas situadas nun radio de 50 metros arredor das vivendas poidan acceder a labores de limpeza e desbroce … Ler máis

Juan Ferrón brilla en Castela e León con dous récords de España e reforza a súa candidatura ao título da Liga AXA

Juan Ferrón

Mos. 11 de maio de 2026. O deportista vigués do Club Natación Mos Juan Ferrón completou un campionato impecable, impoñéndose nas catro probas nas que tomou parte. Juan Ferrón conseguiu a vitoria nos 50 metros bolboreta, cun tempo de 26.70, e nos 100 metros bolboreta, cun rexistro de 58.62, marcas que ademais lle serviron para … Ler máis

O Porriño reúne a mesa local contra a violencia de Xénero

Reunión

Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Louriña TV // Historias da Louriña (@lourinatv) O Porriño, 11 de maio de 2026. A Mesa Local contra a Violencia de Xénero do Porriño, na que se atopan representados todos os axentes que actúan no municipio, reuniuse hoxe para abordar de maneira conxunta diversos temas relacionados … Ler máis

O Porriño licita o servizo de mantemento e vixilancia para centros educativos e instalacións deportivas

O Porriño. 07 de maio de 2026. O Concello do Porriño anuncia a licitación do novo contrato para a prestación de servizos integrais de mantemento, reparación, vixilancia e conserxería. Este contrato ten como finalidade asegurar que os centros educativos e as instalacións deportivas do municipio conten cun funcionamento óptimo e seguro para todos os usuarios. … Ler máis

Salceda recurre a orde xudicial contra o aeródromo de Entenza

Salceda. 11 de Maio de 2026. O Concello de Salceda de Caselas vai recurrir a sentenza emitida polo Tribunal de Instancia de Pontevedra, Sección do Contencioso-Administrativo, na que se anula o acordo de toma de razón da Comunicación Previa de Obras presentada ante o Concello de Salceda de Caselas por parte de “Entenza, sociedad de … Ler máis

O Concello de Mos avanza nas obras de mellora dos centros educativos

Mos. 8 de maio de 2026. O Concello de Mos continúa avanzando na mellora dos espazos educativos do municipio con actuacións en diferentes centros escolares, apostando por infraestruturas máis modernas, accesibles e adaptadas ás necesidades da comunidade educativa. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada da concelleira Julia Loureiro, visitou o CEIP de Atín coincidindo … Ler máis