A nova A52 provoca unha fronte común de oposición veciñal

Mos. 11 de xaneiro. Centos de veciños uníronse onte pola tarde no Multiusos de Petelos para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto do novo trazado da autovía A52, proposto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade. A infraestrutura afecta de maneira grave ás parroquias de Sanguiñeda, Petelos, Tameiga e Pereiras, poñendo en risco non só vivendas […]

AEMOS presenta un programa para destacar no inglés de negocios

Mos. 10 de xaneiro. A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) anunciou o curso “Level Up Your Business English Skills”, unha formación presencial dirixida a profesionais que buscan mellorar as súas competencias no inglés empresarial. O programa desenvolverase entre o 27 de xaneiro e o 28 de xullo de 2025 no Vivero PEMOS, situado no […]

Innovación ambiental: compost e reciclaxe a domicilio

Mos. 2 de xaneiro 2025. O Punto Limpo situado no Parque Empresarial PEMOS Veigadaña contará con importantes melloras que buscan facilitar a xestión de residuos, promover o compostaxe doméstico e fomentar a reutilización. Entre as medidas destacan a instalación dunha biotrituradora que permitirá transformar restos de poda e vexetais en material estruturante de compost, dispoñible […]

Gloria ao deporte local: máis de 70 homenaxeados no Multiusos

Máis de 70 deportistas e 40 clubes de Mos foron homenaxeados na multitudinaria Festa do Deporte, celebrada no Multiusos das Pozas. A gala, que congregou preto dun milleiro de persoas, contou coa participación da destacada deportista Patricia Martínez como presentadora e reuniu figuras icónicas como Juan Ferrón e Soledad Castro, entre outros. Disciplínas como fútbol, […]

Alarma pola nova proposta da autovía Vigo-Porriño

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse este xoves cos voceiros da Corporación Municipal e con representantes veciñais para abordar a polémica en torno ao novo trazado da autovía Vigo-Porriño. As xuntanzas celebráronse no Concello, coa participación de técnicos municipais e dos portavoces do PSOE e BNG, co obxectivo de analizar as consecuencias dunha proposta […]

O pleno do Concello de Mos aproba o Servizo de Axuda no Fogar

O pleno do Concello de Mos vén de aprobar o Servizo de Axuda no Fogar, cun orzamento anual de máis de 1,5 millóns de euros. O contrato inclúe melloras como acompañamento ás citas médicas para usuarios sen rede familiar, maior estabilidade das auxiliares e zonas de atención máis próximas aos domicilios. Este novo servizo, que […]

O concello de Mos pechou onte a XX edición das Xornadas Micolóxicas

O concello de Mos pechou onte as XX edición das Xornadas Micolóxicas cunha homenaxe a Tomás Alonso, hostaleiro do restaurante Adega da Tía Carmen. O recoñecemento foi pola súa participación durante 20 anos ininterrompidos. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, entregoulle a Alonso o símbolo da rosa de Mos no Pazo de Mos, onde se […]

O Concello de Mos traballa en melloras en camiños e infraestruturas locais

O Concello de Mos traballa en melloras en camiños e infraestruturas locais cun investimento de preto de 700.000 euros. Asfaltáronse os camiños das Chousas e dos Balados en Cela e outros 17 viais en varias parroquias, sumando un total de 5 quilómetros. Tamén se repoñen muros de contención nos camiños da Míllara e da Muralla, […]