A mocidade explora o seu futuro entre empresas e talleres prácticos

FormaMos

Mos. 9 de abril de 2026. A feira educativa FormaMos arrincou hoxe cunha programación variada que combinou propostas participativas, exhibicións e actividades formativas para atraer á mocidade e facilitar o contacto co mundo laboral. A xornada comezou cunha oferta no espazo aberto, con iniciativas como cambios de imaxe, xogos de emprendemento e actuacións musicais en directo … Ler máis

A mocidade aprende encaixe de palillos en directo

Mocidade e palilleiras

Mos. 8 de abril de 2026. A Asociación de Palilleiras de Mos e o alumnado de Bacharelato de Artes do IES de Mos participaron nun encontro con demostracións prácticas de encaixe de palillos celebrado hoxe no Concello, dentro da feira FormaMos, para achegar a artesanía tradicional á xente nova. A Asociación de Palilleiras de Mos … Ler máis

Servizo clave recuperado tras vandalismo

A alcaldesa de Mos reabre o punto limpo

Mos. 7 de abril de 2026. O punto limpo do concello restableceu o servizo tras a súa reparación logo dun acto vandálico que suspendeu temporalmente a súa actividade co quie se volve garantir a recollida selectiva e a sustentabilidade. A instalación retomou o funcionamento normal, permitindo á veciñanza depositar residuos domésticos especiais de xeito seguro … Ler máis

A festa da Rosa xa ten valedores

Festa da Rosa en Mos

Mos. 1 de abril de 2026. Dani Burgos, Patricia Martínez, Celta Integra, Radio Vigo e María José Gómez foron nomeados Valedores da Festa da Rosa 2026 en Mos, tras ser recoñecida a súa traxectoria na cultura, o deporte, a inclusión, a comunicación e a defensa do territorio. O nomeamento busca poñer en valor o seu … Ler máis

Avanza a senda peonil de Dornelas

Avanzan as obras da senda peonil do Porselo

Mos. 30 de marzo. A senda peonil de Dornelas avanza na súa execución mediante novas melloras  na seguridade viaria e a mobilidade nun itinerario frecuentado por alumnado e veciñanza. A senda peonil de Dornelas entra nunha nova fase das obras co obxectivo de completar un itinerario continuo e seguro para peóns. A actuación forma parte … Ler máis

Os veciños de Pereiras lánzanse á revolución dixital

Mos. 27 de marzo. Veciñanza de Pereiras participa en accións formativas de capacitación tecnolóxica desenvolvidas en Mos en marzo de 2026 para mellorar o uso de ferramentas dixitais e facilitar a realización de trámites administrativos en internet. Os veciños de Pereiras adquiren coñecementos no uso de certificados dixitais a través dunha formación impartida na Asociación … Ler máis

A batería moderna toma Torroso cunha masterclass

Mos. 5 de marzo. A masterclass do baterista Jairo Ubiaño reunirá o 7 de marzo ás 16:30 horas a alumnado de percusión, estudantes de música moderna e músicos interesados en profundar no estudo da batería contemporánea no Conservatorio Profesional de Música de Torroso, en Mos, nunha sesión formativa centrada en aspectos técnicos, musicais e na … Ler máis

Adolescentes cuestionan as redes sociais sen tabús

Mos. 13 de febreiro. Os 107 alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES de Mos veñen de abrir un espazo de reflexión sobre o impacto das redes sociais na súa saúde mental. A través do obradoiro ‘Saúde mental – Impacto das redes sociais’, guiado pola educadora social Paula Santos, analizaron as emocións que … Ler máis

Baile, tradición e electrónica nunha soa noite

Mos. 12 de febreiro. OMIRI, o innovador proxecto do músico portugués Vasco Ribeiro Casais, regresa este sábado 15 de febreiro á sala Rebullón con nova música e o seu espectacular show multimedia. A actuación comezará ás 22:00 horas, con entradas dispoñibles desde 10 euros en venda anticipada e 14 na billeteira. Ademais do set de … Ler máis