O Porriño celebra a Festa do Peregrino

O Porriño celebra mañá sábado, 5 de outubro, a Festa do Peregrino e o Turista cun completo programa de actividades. A xornada comezará ás 12:00 cun photocall do Camiño de Santiago na praza Arquitecto Antonio Palacios. Pola tarde, ás 16:30 e dende a Botica Nova, comezarán roteiros guiados pola obra do arquitecto porriñés. As 17:00, … Ler máis

A parroquia porriñesa de Budiño contará cun novo parque infantil.

A parroquia porriñesa de Budiño contará cun novo parque infantil.  As obras xa comezaron nunha parcela próxima ao polígono industrial no barrio Vaquería. O espazo, de máis de 150 m2, incluirá dous balancíns, un multixogo e un bambán, para cubrir a falta de áreas de espallamento na zona. O concelleiro de Parques Infantís, Marcos Martínez, … Ler máis