Catro traballadores sufriron lesións de distinta gravidade ao producirse unha explosión durante os traballos de voladura nunha canteira de Atios, no Porriño.
O ferido máis grave foi trasladado en helicóptero ao hospital Álvaro Cunqueiro. Os catro están estables, segundo confirma o Concello.
O 112 Galicia recibiu o aviso dun particular ás 13:10 horas. Ata o lugar desprazáronse tres ambulancias e un helicóptero medicalizado. Tamén se mobilizaron os bombeiros, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.
A Garda Civil investiga as causas do accidente.
