A II Carreira de Empresas xera 15.000€ para loitar contra o cancro

O Porriño. 16 de xaneiro. A II Carreira de Empresas Galicia 2024 – XIII Interrunning converteuse nun exemplo de solidariedade en Galicia, cunha masiva participación que permitiu recadar 15.000€. Os fondos destinaranse a tres entidades sociais: a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), o Banco de Alimentos de Porriño e a asociación Bicos de Papel. … Ler máis

Máis de 300 veciños da Louriña participan en actividades de envellecemento activo.

A Louriña. 8 de xaneiro. Máis de 300 veciños de Mos, Salceda de Caselas e O Porriño participaron durante 2024 nas actividades do programa Provincia Activa destinado a mellorar a participación social e combater a soidade das persoas maiores. Un total de 130 persoas de Mos, 162 de Salceda e 33 do Porriño tomaron parte … Ler máis

Gloria ao deporte local: máis de 70 homenaxeados no Multiusos

Máis de 70 deportistas e 40 clubes de Mos foron homenaxeados na multitudinaria Festa do Deporte, celebrada no Multiusos das Pozas. A gala, que congregou preto dun milleiro de persoas, contou coa participación da destacada deportista Patricia Martínez como presentadora e reuniu figuras icónicas como Juan Ferrón e Soledad Castro, entre outros. Disciplínas como fútbol, … Ler máis

O Club Ximnasia Porriño estrea un novo tapiz de competición para ximnasia rítmica.

O Club Ximnasia Porriño estrea un novo tapiz de competición para ximnasia rítmica. Con 14 por 14 metros, está homologado para eventos de alto nivel e deseñado para soportar un uso intensivo. Ademais, habilitouse unha zona para a entrega de medallas, co lema “A confianza é o primeiro paso cara aos teus soños”. A instalación … Ler máis

O pavillón de Salceda renova a súa pista deportiva,

O pavillón de Salceda vén de renovar a súa pista deportiva, cambiando o antigo chan de cemento pulido por un novo de madeira de faia. A reforma busca mellorar a seguridade das persoas que practican deporte, reducindo o risco de lesións que antes eran frecuentes pola superficie esvaradía. O novo chan ofrece mellor agarre e … Ler máis

O Porriño acolle a II edición da Carreira de Empresas XIII Interrunning

O Porriño acolleu no día de onte a segunda edición da Carreira de Empresas XIII Interrunning, que reuniu a centos de corredores no circuíto urbano da vila. A proba comezou ás 09:30 coa andaina “Antonio Palacios”, cun percorrido de 6 quilómetros. Seguidamente, disputáronse as carreiras de 5K e 10K, tanto en categoría individual como por … Ler máis