Reabre a praza con novo pavimento e ascensor

Equipo de goberno de MS na praza de abastos de Salceda

Salceda. 1 de abril de 2016. Hoxe mércores á Praza de Abastos de Salceda de Caselas reabre logo de máis dun mes de obras de mellora no edificio, incluíndo pavimento renovado e ascensor montacargas, para garantir maior salubridade, accesibilidade e comodidade na compra de produtos frescos. A veciñanza poderá adquirir de novo peixe fresco, carne, … Ler máis

Avanza a senda peonil de Dornelas

Avanzan as obras da senda peonil do Porselo

Mos. 30 de marzo. A senda peonil de Dornelas avanza na súa execución mediante novas melloras  na seguridade viaria e a mobilidade nun itinerario frecuentado por alumnado e veciñanza. A senda peonil de Dornelas entra nunha nova fase das obras co obxectivo de completar un itinerario continuo e seguro para peóns. A actuación forma parte … Ler máis

Unha escola en desuso transformarase en punto de encontro

O Porriño. 10 de febreiro. A antiga escola unitaria de Chenlo será rehabilitada para converterse nun espazo cultural e veciñal. As obras, que comezarán neste primeiro trimestre do ano, permitirán recuperar un edificio histórico e adaptalo ás necesidades actuais da comunidade. O proxecto inclúe a renovación do tellado para garantir a súa impermeabilización e conservación, … Ler máis

A reforma da A-52 deixa vivendas en risco e xera forte rexeitamento

Mos. 5 de xaneiro. A reforma da autovía A-52 entre Vigo e O Porriño podería deixar vivendas dentro do radio de afección, afectar traídas de auga e implicar expropiacións sen garantir un estudo detallado do impacto. A falta de información e consulta coa poboación xerou un forte rexeitamento ao proxecto. Os residentes denuncian que a … Ler máis

Mobilización masiva para frear unha infraestrutura polémica

Mos. 1 de febreiro. Os veciños veñen de mobilizarse contra o proxecto da nova autovía A-52. A xornada comezou cun pleno extraordinario no Concello, no que se aprobou solicitar a retirada do proxecto e reclamar a liberalización da peaxe da AP-9 no tramo O Porriño – Puxeiros. Pola tarde, a protesta trasladouse á Praza do … Ler máis

As traídas refórzanse con miles de euros en axudas

O Porriño. 29 de xaneiro. As comunidades de augas locais do Porriño recibirán un total de 175.000 euros en axudas para mellorar a calidade do servizo e optimizar as súas instalacións. Estes fondos permitirán reforzar o control sanitario, mellorar a rede de distribución e cubrir gastos de mantemento das traídas veciñais. As subvencións, correspondentes á … Ler máis

A resposta veciñal contra a nova autovía non para

Mos. 23 de xaneiro. A veciñanza está a mobilizarse de forma masiva para presentar alegacións contra o proxecto da nova autovía A52, actualmente en exposición pública. En Mos, a recollida de sinaturas e alegacións ten alcanzado cifras históricas: máis de 6.000 documentos rexistrados, coa previsión de multiplicarse nos próximos días antes de que remate o … Ler máis

Melloras na EP-2502 para solucionar problemas de drenaxe no Porriño

O Porriño. 22 de xaneiro. A estrada provincial EP-2502, entre Cerquido e Ribadelouro, no Porriño, será renovada para solucionar os graves problemas de drenaxe que afectan un tramo dun quilómetro. A actuación contempla a substitución das tubaxes soterradas, a instalación de novos sumidoiros e a construción dunha cuneta transitable de formigón. Tamén se renovará a … Ler máis