Regresa o X Miúdo Fest: os mellores espectáculos infantís e familiares con acceso de balde 

teatro

Mos, 12 de maio de 2026.– O Miúdo Fest chega á décima edición e, para celebralo, a Comunidade de Montes de Tameiga, organizadora do evento, prepara unha edición máis extensa, con máis días de actuacións, novos recintos e os mellores espectáculos para público infantil e familiar de Galicia. E todo, con acceso completamente gratuíto. O … Ler máis

Sete artistas e tres concertos nunha fin de semana explosiva na Rebullón

Concerto na Rebullón

Mos. 10 de abril de 2026. Ata sete grupos actuarán en tres concertos en directo organizados na sala Rebullón desde hoxe venres día 10 e ata o vindeiro domingo 12 en Tameiga, para ofrecer unha fin de semana de música diversa e acceso a diferentes estilos para o público da área metropolitana. A programación contará … Ler máis

Alumnado e palilleiras únense para renovar a imaxe

Mocidade e palilleiras en Mos

Mos. 10 de abril 2026. A Asociación de Palilleiras de Mos e o alumnado de Bacharelato de Artes do IES da vila recibiron o resultado do concurso de deseño no marco da feira FormaMos, celebrado durante esta semana no concello, onde se seleccionaron as propostas gañadoras para dar visibilidade á Xuntanza de Palilleiras e Labores … Ler máis

A mocidade aprende encaixe de palillos en directo

Mocidade e palilleiras

Mos. 8 de abril de 2026. A Asociación de Palilleiras de Mos e o alumnado de Bacharelato de Artes do IES de Mos participaron nun encontro con demostracións prácticas de encaixe de palillos celebrado hoxe no Concello, dentro da feira FormaMos, para achegar a artesanía tradicional á xente nova. A Asociación de Palilleiras de Mos … Ler máis

Camelias: beleza, historia e tradición ao aire libre

A exposición “A Camelia Flor das galegas e galegos” chega ó Porriño

O Porriño. 7 de abril de 2026. A exposición “A Camelia Flor das galegas e galegos” iniciou hoxe unha serie de actividades culturais na praza Antonio Palacios co obxectivo de difundir a historia e a importancia da camelia, achegando á veciñanza curiosidades sobre esta flor vinculadas a feitos históricos, sociais e culturais en Galicia e … Ler máis

A arte sae á rúa e conquista o parque do Cristo

O Porriño. 6 de abril de 2026. O parque do Cristo acolle unha exposición de retratos ao aire libre mediante reproducións fotográficas durante o mes de abril no Porriño para achegar a arte galega á rúa e facilitar o acceso da veciñanza á cultura. A exposición de retratos ao aire libre transforma o espazo nun … Ler máis

Avanza a chegada do Cinema Paradiso

O Porriño. 1 de abril de 2026. A veciñanza do Porriño poderá acceder a unha sala de cine completamente renovada na vila a finais de abril, con insonorización completa e graderío adaptable, para ver estreas e participar en actividades culturais cómodamente e de forma segura. A vila terá á súa disposición un espazo equipado con … Ler máis

Un xamón para os mellores disfraces do Entroido

Salceda. 11 de febreiro. O XXVI Desfile de Carrozas e Comparsas de Salceda celebrarase o domingo 2 de marzo de 2025 ás 17:00 horas. Se o tempo non acompaña, trasladarase ao 9 de marzo. As agrupacións partirán da Praza da Devesa e percorrerán varias rúas ata rematar en Doutor Zunzunegui. As carrozas deberán estar listas … Ler máis