Reabre a praza con novo pavimento e ascensor

Equipo de goberno de MS na praza de abastos de Salceda

Salceda. 1 de abril de 2016. Hoxe mércores á Praza de Abastos de Salceda de Caselas reabre logo de máis dun mes de obras de mellora no edificio, incluíndo pavimento renovado e ascensor montacargas, para garantir maior salubridade, accesibilidade e comodidade na compra de produtos frescos. A veciñanza poderá adquirir de novo peixe fresco, carne, … Ler máis

Movemento Salceda e PSdeG gobernarán xuntos

Salceda. 27 de marzo. Movemento Salceda e PSdeG-PSOE formalizaron un acordo para gobernar conxuntamente, a partir do 31 de marzo en Salceda de Caselas, distribuíndo competencias e coordinando accións para garantir estabilidade, eficiencia e impulsar políticas prioritarias durante o actual mandato municipal. Movemento Salceda e PSdeG-PSOE incorporan dous concelleiros ao goberno municipal, asignando áreas como … Ler máis

Reactivan a busca de desaparecidos de 1936

Salceda. 4 de marzo. A II Fase de Exhumación da Foxa de Soutelo busca localizar os restos de cinco homes represaliados durante a Guerra Civil no adro da igrexa da parroquia de Soutelo, en Salceda de Caselas, previsiblemente a partir do mes de abril, co obxectivo de completar a recuperación das vítimas desaparecidas en setembro … Ler máis

Un xamón para os mellores disfraces do Entroido

Salceda. 11 de febreiro. O XXVI Desfile de Carrozas e Comparsas de Salceda celebrarase o domingo 2 de marzo de 2025 ás 17:00 horas. Se o tempo non acompaña, trasladarase ao 9 de marzo. As agrupacións partirán da Praza da Devesa e percorrerán varias rúas ata rematar en Doutor Zunzunegui. As carrozas deberán estar listas … Ler máis

Nova rúa para unir a praza do concello cos barrios

Salceda. 27 de xaneiro. Os veciños do centro urbano de Salceda poderían contar proximamente cunha nova rúa que unirá a Praza do Concello coa Rúa Brasil. O espazo será de prioridade peonil, permitindo só o acceso de vehículos imprescindibles como emerxencias ou a futuras garaxes. O deseño inclúe zonas verdes, mobilidade inclusiva e espazos pensados … Ler máis

A Deputación aposta polo interior das Rías Baixas na nova campaña turística

Pontevedra. 14 de xaneiro. O interior da provincia de Pontevedra é o protagonista dunha nova campaña de promoción do destino turístico Rías Baixas, presentada este martes no xardín do hotel Numa Experimental en Tomeza. A Deputación de Pontevedra lanza este proxecto baixo o lema “Cando volves?”, centrado nas experiencias e atractivos dos 61 concellos da … Ler máis

Máis de 300 veciños da Louriña participan en actividades de envellecemento activo.

A Louriña. 8 de xaneiro. Máis de 300 veciños de Mos, Salceda de Caselas e O Porriño participaron durante 2024 nas actividades do programa Provincia Activa destinado a mellorar a participación social e combater a soidade das persoas maiores. Un total de 130 persoas de Mos, 162 de Salceda e 33 do Porriño tomaron parte … Ler máis

O feminismo como motor de cambio

Salceda. 7 de xaneiro. O Plan de Igualdade de Salceda de Caselas 2024-2028 foi aprobado por unanimidade para consolidar a igualdade como eixo estrutural das políticas municipais. Este documento, que guiará a acción gobernamental nos vindeiros catro anos, inclúe máis de 120 medidas agrupadas en 10 eixos estratéxicos que abarcan desde a loita contra a … Ler máis