Centos de persoas vibran co VII Encontro de Ranchos

Salceda, 30 de decembro. As rúas e prazas de Salceda de Caselas convertéronse nun fervedoiro de música, danza e tradición o pasado sábado coa celebración do VII Encontro de Ranchos e Danzas Tradicionais. Organizado pola Asociación Cultural A Feira e o Concello, o evento contou coa participación de seis agrupacións chegadas de diversos puntos da … Ler máis

O Concello acusa á plataforma veciñal de enganar aos afectados polo “catastrazo”

O Concello de Salceda respondeu ás recentes reclamacións contra o “catastrazo” cunha dura crítica á Plataforma Veciñal, insinuando que poderían estar alentando demandas xudiciais baixo a promesa de éxito asegurado. A administración municipal asegura que as denuncias non se presentan contra o Concello, senón contra o Catastro, organismo competente para resolver este tipo de cuestións. … Ler máis

Reclamacións masivas polo “catastrazo”: O concello deberá devolver máis dun millón de euros

Medio centenar de veciños acudiron esta semana ao rexistro municipal para presentar reclamacións contra o coñecido como “catastrazo”, un cambio no catastro que afectou máis de 700 leiras e vivendas no municipio. As demandas buscan a devolución de máis de 1,2 millóns de euros cobrados de forma irregular en concepto de IBI. O Tribunal Superior … Ler máis

O concello de Salceda volve calificar como puntual a nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o “catastrazo”

O concello de Salceda volveu calificar como puntual a nova sentenza decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o coñecido como “catastrazo”. A alcaldesa da vila, Loli Castiñeira, sinalou que a resolución non representa unha invalidación xeral. “Unha vez máis, unha sentenza aillada que non anula a decisión do catastro no seu conxunto … Ler máis

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volve sacudir Salceda cunha sentenza contra o “Catastrazo”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volveu sacudir Salceda cunha sentenza contra o “Catastrazo”. Cada vez parece máis claro co concello deberá devolver máis dun millón de euros cobrados de forma irregular a máis de 5.000 veciños. Esta nova resolución, do 14 de xuño de 2024, segue a liña de que as parcelas rurais … Ler máis

O pavillón de Salceda renova a súa pista deportiva,

O pavillón de Salceda vén de renovar a súa pista deportiva, cambiando o antigo chan de cemento pulido por un novo de madeira de faia. A reforma busca mellorar a seguridade das persoas que practican deporte, reducindo o risco de lesións que antes eran frecuentes pola superficie esvaradía. O novo chan ofrece mellor agarre e … Ler máis

Salceda prepara un novo obradoiro de emprego

Os veciños de Salceda prepáranse para recibir un novo obradoiro de emprego que arrincará en decembro deste ano e rematará en setembro de 2025. Este programa, no que participarán vinte persoas, combinará formación teórica con tarefas prácticas en albanelería e carpintería. O alumnado traballador encargarase da recuperación de varios elementos do patrimonio local, como os … Ler máis

Roubos, vandalismo e verteduras ilegais

Roubos, vandalismo e verteduras ilegais e o que denuncian un grupo de nove comunidades de montes do sur da Provincia, especialmente de Salceda e O Porriño. Na Picoña, denunciase o lanzamento de pedras despois de baleirar unha balsa contra incendios, ou que sinais foran destruídas a tiros. En Atios, o vandalismo afectou ó mobiliario das … Ler máis

Arranca unha nova edición do Pincho Folk

Hoxe arranca en Salceda unha nova edición do Pincho Folk. O popular concurso de pinchos regresa a vila durante todo o mes de setembro. Ata o día 28, os venres e sábados, de oito da tarde a once da noite, 14 establecementos ofrecerán pinchos por 1,50€ Os venres, poderanse degustar pratos como a fabada de … Ler máis

A Deputación de Pontevedra aproba a renovación da pista do pavillón municipal de Salceda

A Deputación de Pontevedra aprobará hoxe venres en Xunta de Goberno un investimento de preto de 90.000 euros para a renovación da pista do pavillón municipal de Salceda. O presidente da deputación, Luis López, valorou así este proxecto: “So 92 mil euros que se destinan a tal fin e que vai implicar pois loxicamente un … Ler máis