Rodas contaminantes no Camiño Portugués preocupan á veciñanza

O Porriño. 23 de xaneiro. Un vertedoiro de rodas de máis de 100 metros de lonxitude ameaza unha das zonas de maior valor ambiental do territorio galego, As Gándaras de Budiño. Situado a escasos metros do Camiño Portugués, este depósito ilegal ocupa un hábitat de interese prioritario e protexido pola súa condición de bosque asolagado, … Ler máis

Multas de ata 900 euros por non limpar parcelas

O Porriño. 3 de xaneiro. Propietarios de fincas do Porriño teñen algo menos de 15 días para limpar parcelas situadas en franxas secundarias, logo de que o SEAGA inspeccionase máis de 10.000 propiedades e detectase que o 50% delas precisan intervención urxente para previr incendios forestais. As notificacións emitidas indican que o incumprimento destas obrigas … Ler máis

Innovación ambiental: compost e reciclaxe a domicilio

Mos. 2 de xaneiro 2025. O Punto Limpo situado no Parque Empresarial PEMOS Veigadaña contará con importantes melloras que buscan facilitar a xestión de residuos, promover o compostaxe doméstico e fomentar a reutilización. Entre as medidas destacan a instalación dunha biotrituradora que permitirá transformar restos de poda e vexetais en material estruturante de compost, dispoñible … Ler máis

Verdegaia denuncia ó goberno do Porriño por incumprir a Lei de Patrimonio Natural de Galicia

A asociación ecoloxista Verdegaia vén de denunciar ao goberno municipal do Porriño por incumprir de forma reiterada a Lei de Patrimonio Natural de Galicia. Segundo a asociación, o Concello vulnera a normativa ao realizar cortas sen permiso da Xunta nas beiras do río Fonteliño, onde se atopa a especie invasora Fallopia japonica. Según Verdegaia, esta … Ler máis