A cativada de Torneiros gaña un novo espazo

novo parque infantil

O Porriño. 8 de abril de 2026. Torneiros contará cun novo parque infantil que transformará un espazo da Fase II cunha área de xogo de 11 por 16,5 metros equipada con céspede artificial e elementos multixogo que permitirán o uso simultáneo por varios nenos e nenas. O proxecto inclúe diferentes instalacións pensadas para fomentar o … Ler máis

Camelias: beleza, historia e tradición ao aire libre

A exposición “A Camelia Flor das galegas e galegos” chega ó Porriño

O Porriño. 7 de abril de 2026. A exposición “A Camelia Flor das galegas e galegos” iniciou hoxe unha serie de actividades culturais na praza Antonio Palacios co obxectivo de difundir a historia e a importancia da camelia, achegando á veciñanza curiosidades sobre esta flor vinculadas a feitos históricos, sociais e culturais en Galicia e … Ler máis

A arte sae á rúa e conquista o parque do Cristo

O Porriño. 6 de abril de 2026. O parque do Cristo acolle unha exposición de retratos ao aire libre mediante reproducións fotográficas durante o mes de abril no Porriño para achegar a arte galega á rúa e facilitar o acceso da veciñanza á cultura. A exposición de retratos ao aire libre transforma o espazo nun … Ler máis

Avanza a chegada do Cinema Paradiso

O Porriño. 1 de abril de 2026. A veciñanza do Porriño poderá acceder a unha sala de cine completamente renovada na vila a finais de abril, con insonorización completa e graderío adaptable, para ver estreas e participar en actividades culturais cómodamente e de forma segura. A vila terá á súa disposición un espazo equipado con … Ler máis

Emerxencias sen resposta habitacional

Desafiuzamento no Porriño

O Porriño. 30 de marzo. As vivendas de emerxencia social do Porriño non ofreceron unha alternativa adecuada a unha nai e á súa filla menor desafiuzadas, ao seren ocupadas durante anos sen control impedindo na actualidade dar resposta a situacións de urxencia habitacional. As vivendas de emerxencia social do Porriño quedaron sen dispoñibilidade para atender … Ler máis

O lecer infantil, tomado polo botellón

O Porriño. 27 de marzo. A Praza do 25 de Novembro mostra un estado de abandono e falta de mantemento, acumulando sucidade, iluminación insuficiente e presenza de botellón, durante as últimas semanas no casco urbano, provocando molestias á veciñanza e danos en propiedades veciñas. A veciñanza da Praza do 25 de Novembro está afectada por … Ler máis

Un novo pulmón verde transformará o centro

O Porriño. 3 de marzo. As rúas Pío XII, Domingo Bueno, Ramón González e Antonio Palacios comunicarán de maneira directa e accesible no centro do Porriño grazas ás obras iniciadas este 2 de marzo de 2026 para crear un novo espazo público que revitalizará a zona e mellorará a mobilidade e a convivencia veciñal. O … Ler máis

36 novas vivendas públicas chegarán ao Porriño para demandantes rexistrados

O Porriño. 2 de marzo. Os inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia recibirán acceso a 36 novas vivendas de promoción pública no sector SUR-PPR-5 (Gulpilleira), con licitación do proxecto e execución das obras anunciadas en febreiro de 2026. A actuación busca ampliar o parque residencial público e facilitar unha vivenda digna … Ler máis

Unha escola en desuso transformarase en punto de encontro

O Porriño. 10 de febreiro. A antiga escola unitaria de Chenlo será rehabilitada para converterse nun espazo cultural e veciñal. As obras, que comezarán neste primeiro trimestre do ano, permitirán recuperar un edificio histórico e adaptalo ás necesidades actuais da comunidade. O proxecto inclúe a renovación do tellado para garantir a súa impermeabilización e conservación, … Ler máis

O talento da Louriña conquista Suecia

O Porriño. 31 de xaneiro. O equipo de estudantes do IES Ribeira do Louro proclamouse gañador do prestixioso concurso internacional de emprendemento International Dragon’s Den, celebrado o pasado 20 de novembro en Malmö, Suecia. Beatriz Samunto, Nuria González, Noa Rodríguez e Sergio Lage alzáronse co primeiro premio grazas ao seu innovador proxecto Greenpocket Solutions – … Ler máis